Euskal Herria Bai

Euskal Herria Bai (EHBai)
Coalición de Eusko Alkartasuna, Batasuna e Abertzaleen Batasuna no País Vasco francés
Dirixentes e organización
LíderNon ten
MocidadesNon ten mocidades propias
Historia
Fundación2007
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo vasco
Esquerda
Representación
RepresentaciónSen datos
Outros datos
SedeNon ten
Na rede
www.ehbai.eus

Euskal Herria Bai é o nome dunha coalición coa que as forzas políticas de Iparralde Abertzaleen Batasuna, Eusko Alkartasuna e Batasuna concorreron ás eleccións lexislativas francesas de 2007 a iniciativa de Abertzaleen Batasuna.

Desta formación quedou fóra o Partido Nacionalista Vasco, xa que tralo atentado de Barajas sucedido en Madrid o 31 de decembro, decidiu non ir ás eleccións na mesma lista que Batasuna.

De todas xeitos os tres partidos da coalición manteñen as portas abertas ó PNV, segundo manifestaron na súa presentación.

As principais bases do seu programa político son:

  • O recoñecemento e respecto ó País Vasco. Recoñecemento a decidir o seu futuro.
  • Só se consideran válidos os métodos democráticos e políticos para acadar obxectivos.
  • Un marco institucional propio, que vaia máis aló dun departamento propio para o País Vasco francés.
  • Recoñecemento do éuscaro como lingua cooficial do territorio xunto ó francés.
  • A elaboración e defensa dunhas políticas sociais progresistas (segundo eles non sería obstaculo para a incorporación do PNV).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne