Euskal Irrati Telebista

Euskal Irrati Telebista
Logo
AcrónimoEITB
Tipomedio de comunicación, radiodifusora pública, negocio, organización, xornal, marca comercial, emisora de radio, televisión e sitio web
Data de fundación20 de maio de 1982
PremiosRikardo Arregi Price
SedeBilbao
PaísEspaña
Na rede
https://www.eitb.eus, https://www.eitb.eus/es/, https://www.eitb.eus/eu/, https://www.eitb.eus/en/, https://www.eitb.eus/fr/, https://www.eitb.tv, https://www.eitb.tv/es/, https://www.eitb.tv/eu/, http://www.eitb.com e https://www.eitb.eus/eu/nahieran/
Facebook: eitb Twitter: eitbeus Instagram: eitb Telegram: eitb_noticias Youtube: UCOHCRQDAr9HC5d59XvziJFQ BNE: XX122507 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Euskal Irrati Telebista (EITB, en galego: Radiotelevisión Vasca), é un ente público de dereito privado, dependente do Departamento de Cultura do Goberno Vasco e, lexislativamente, do Parlamento Vasco. Xunto con EITB Media S.A.U., empresa que realiza a produción e emisión das canles de radio, televisión e Internet, forma o grupo de comunicación público do País Vasco.

A súa creación emana do artigo 19 do Estatuto de Gernika e ten como unha das súas finalidades principais o uso normalizado da lingua éuscara. O 20 de maio de 1982, o Parlamento Vasco aprobou por unanimidade a Lei de creación de Euskal Irrati Telebista e dando sustento á creación do grupo de radio e televisión pública do País Vasco. A sede inicial de Euskal Irrati Telebista foi localizada no concello biscaíno de Iurreta, cando esta anteigrexa estaba anexionada á vila de Durango. Dende o verán de 2007 ten a súa sede na rúa Paseo de Capuchinos de Bilbao, a capital biscaína.

Inicialmente, era a accionista única das empresas que conformaban o grupo de comunicación; Euskal Telebista-Televisión Vasca, S.A. (ETB) que se encargaba da produción e emisión de televisión; públicas Eusko Irratia-Radiodifusión Vasca S.A., Gasteiz Irratia-Radio Vitoria, S.A., dedicadas á produción e difusión de radio e Eitbnet, S.A., dedicada á produción e difusión en Internet, ata que, en 2020, se disolveron Eusko Irratia-Radiodifusión Vasca S.A., Gasteiz Irratia-Radio Vitoria, S.A. e Eitbnet, S.A. e integráronse en Euskal Telebista-Televisión Vasca, S.A. pasando esta a denominarse EITB Media S.A.U.. O Ente Público Euskal Irrati Telebista-Radio Televisión Vasca e EITB Media S.A.U. constitúen o grupo de comunicación público da comunidade autónoma do País Vasco.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne