Euskotren Trena

Estación de Bilbao-Atxuri.
Estación de Lugaritz-Donostia.

Euskotren Trena (antes coñecida como EuskoTren) é unha das dúas marcas comerciais baixo as que opera a sociedade pública Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A., pertencente ao Goberno Vasco a partir da transferencia ao mesmo polo Estado Español dos tramos que pertenceron a Feve en territorio vasco. Euskotren Trena opera os servizos ferroviarios, mentres que Euskotren Tranbia é a encargada da explotación dos servizos de tranvía; Euskotren Autobusa explota varias liñas de autobús interurbano en Biscaia (baixo a marca Bizkaibus) e en Guipúscoa (baixo a marca Lurraldebus); e Euskotren Kargo encárgase do transporte de mercancías por ferrocarril.

Esta empresa foi a propietaria da antiga liña ferroviaria Bilbao-Plentzia, antes explotada por FTS (Ferrocarriles e Transportes Suburbanos de Bilbao), parte da actual Liña 1 do Metro de Bilbao dende 1995. Euskotren Trena explota tamén varias liñas de autobuses e o funicular da Reineta en Valle de Trápaga (Biscaia).

Dende o 2006, Euskotren Trena é a marca operadora do administrador ferroviario da rede de infraestruturas dos ferrocarrís vascos, un ente público de dereito privado Euskal Trenbide Sarea - Red Ferroviaria Vasca, segundo a Lei do Parlamento Vasco 6/2004, do 21 de maio de 2006. É situación parella a de Renfe Operadora respecto de Adif.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne