Eustigmatophyceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Nannochloropsis sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Orde | |||||||||||
Os Eustigmatophyceae son un pequeno grupo de algas unicelulares cocoides de paredes celulares de polisacáridos. Atópanse en ecosistemas fluviais, mariños e nos solos.[1][2] Os eustigmatofitos teñen cloroplastos amarelo-verdosos grazas a que teñen clorofilas a e violoxantina e o β-caroteno de pigmentos accesorios.
Os zooides dos eustigmatofitos (os gametos) posúen un ou un par de flaxelos, que sae do ápice celular. Á contra doutros heterocontos, os seus zooides carecen de orgánulos fotoreceptores, "ollos". O que posúen son puntos oculares vermello-alaranxados na posición exterior ao cloroplasto, e que eles teñen na parte anterior da célula.
Os eustigmatofitos compórtanse como autotrofos fotosintetizadores en múltiples ecosistemas. Namentres a meirande parte deles viven en augas doces e solos, algunhas especies de Nannochloropsis e Microchloropsis son parte do picoplancto mariño.[3]
Esta clase definiuse incluíndo a algunhas algas que antes se clasificaban como xanthophyceae.[4] Porén, os estudos xenómicos dos eustigmatofitos da última década, que foron intensos grazas a ser un grupo reducido de especies (23 especies), desvelaron que os clados dos que está máis cerca evolutivamente son as crisofíceas e sincromofícea.[3].