A eutanasia[1] (do grego: εὐθανασία; a "boa morte": εὖ, eu; "bo" + θάνατος, thanatos; "morte") é a práctica de terminar cunha vida de xeito intencionado para acabar coa dor ou co sufrimento.[2][3]
Dependendo dos países, hai diferentes leis de eutanasia. Segundo o comité de ética médica da Cámara dos lords do Reino Unido, a eutanasia é "unha intervención deliberada levada a cabo coa intención expresa de acabar cunha vida para aliviar un sufrimento insoportable".[4] Nos Países Baixos e en Bélxica, a eutanasia enténdese como "a terminación dunha vida por parte dun médico e por petición dun paciente".[5] Porén, a lei neerlandesa non usa o termo 'eutanasia', senón que inclúe o concepto nunha definición máis ampla de "suicidio asistido e terminación dunha vida baixo petición".[6]
A eutanasia pódese categorizar de varios xeitos, como voluntaria, non voluntaria e involuntaria:[7]
No ano 2006 a eutanasia converteuse no eido de investigación máis activo da bioética.[8] Nalgúns países hai controversia pública sobre as cuestións morais, éticas e legais asociadas á eutanasia. A eutanasia pasiva (coñecida coloquialmente como "desenchufar") é legal baixo certas circunstancias en varios países. Porén, a activa, só é legal ou legal de facto en poucos países (por exemplo: no Canadá, Bélxica, Suíza e España), pero está limitada a circunstancias específicas e require a aprobación médica ou de conselleiros de saúde mental. Nalgúns países como Nixeria, Arabia Saudita ou Paquistán, o apoio á eutanasia activa e practicamente inexistente.
A filósofa Helga Kuhse: "'Eutanasia' componse de dúas palabras gregas - eu e thanatos, que significa literalmente, 'unha boa morte'. Hoxe, a 'eutanasia' é entendida como proporcionar unha boa morte – 'matar por misericordia', onde unha persoa A, remata coa vida da persoa B, polo seu ben."
When a person performs an act of euthanasia, she brings about the death of another person because she believes the latter's present existence is so bad that he would be better off dead, or believes that unless she intervenes and ends his life, his life will very soon become so bad that he would be better off dead.