Eutarico

Modelo:BiografíaEutarico
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor en Wikidata
Morte522 Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Antigüidade tardía Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmalasunta (515–) Editar o valor en Wikidata
FillosAtalarico, Matasunta Editar o valor en Wikidata
PaiVeterico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Amali-10

Eutarico Cílica, Eutarico Ciliga ou Flavio Eutarico Cilica (en latín Flavius Eutharicus Cilica), nado cara ao 480 e finado no 522, foi un príncipe ostrogodo do reino visigodo que, a principios do século VI, desempeñou o consulado romano, xunto ao emperador bizantino Xustino I (reinado 518–527), quen o adoptou como "filius per arma".

Era xenro do rei ostrogodo Teodorico, o Grande (reinado 474–526), quen o nomeou como herdeiro, mais morreu no 522 aos 42 anos, antes de poder herdar o título do seu sogro. Teodorico alegou que Eutarico era un descendente da casa real ostrogoda dos Amalos e pretendía que o seu casamento con Amalasunta, filla de Teodorico, conseguise a unión dos reinos godos, continuase a dinastía de Teodorico e fortalecese o control godo sobre o Mediterráneo occidental fronte ao pulo ascendente dos francos.

Reino Visigodo de Alarico II (reinado 484–507) en 500

Mentres Eutarico foi nominalmente un estadista, político e soldado do Imperio Romano de Oriente, tamén era un cristián ariano, que chocou en diversas ordes coa maioría católica. Durante o seu consulado no 519, as relacións co Imperio Bizantino floreceron e o cisma acaciano entre as Igrexas Oriental e Occidental foi solucionado. Como cónsul aplicou a política tolerante de Teodorico nas relacións cos xudeus, mais non foi tan tolerante coas tradicións católicas locais provocando o seu resentimento. Tras algúns disturbios en Rávena, onde os católicos incendiaron algunhas sinagogas, a posición pro-xudía de Eutarico foi exposta con resentimento nunha fragmentada crónica coetánea, o Anónimo Valesiano.

Pouco despois da súa morte, seu fillo Atalarico ocupou o trono, brevemente, pois morreu con 18 anos. Daquela, a viúva de Eutarico permaneceu en Italia até a súa morte a mans do seu curmán Teodato en 535.[1][2]

  1. Wolfram (1998), p. 338
  2. Xordanes, LIX, p. 51

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne