Everything Must Go

Everything Must Go
Álbum de Manic Street Preachers
Publicado20 de maio de 1996
Gravación1995 - 1996
Estudio(s)Chateau De La Rouge Motte, Francia; Big Noise Recorders, Cardiff; Real World Studios, Wiltshire
Duración45:24
Xénero(s)rock alternativo, post-punk
Selo(s)Columbia Records
ProdutorMike Hedges
Cronoloxía
The Holy Bible
(1994)
Everything Must Go This Is My Truth Tell Me Yours
(1998)
Na rede
Spotify: 1fi3IyodfojWTth7DhDQ6d Discogs: 102213 Allmusic: mw0000189747 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Everything Must Go é o cuarto álbum da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, editado o 20 de maio de 1996 a través do selo Columbia Records. O álbum contén cinco temas con letras de Richey James Edwards, que desapareceu e presumiblemente morreu sobre o 1 de febreiro de 1995, sendo o último álbum con contribucións súas ata Journal for Plague Lovers.

Publicado no auxe do britpop dos 90, o álbum foi en éxito de crítica e de vendas, chegando ao número 2 da lista británica e gañando o premio ao álbum británico do ano nos Brit Awards de 1997.[1]

En 1998, os lectores da revista Q elixírono o 11 mellor álbum de todos os tempos, mentres que no 2000 a mesma revista colocouno no número 39 na súa lista dos 100 mellores álbums británicos. O disco tamén gañou o premio ao mellor álbum británico nos premios Brit de 1997.

  1. "Manic Street Preachers". The BRIT Awards 2012. 2012-09-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 2024-03-10. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne