Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Juan Evo Morales Ayma, nado en Orinoca, Oruro, o 26 de outubro de 1959, é un político boliviano, representante durante moitos anos do sector agrario do país, en especial dos cocaleiros, foi electo ao Congreso en 1997, dando inicio a unha meteórica carreira política. En 2002 resultou segundo nas eleccións presidenciais por escasa marxe, e triunfou nas eleccións de 2005 (domingo 18 de decembro). Asume o poder o 22 de xaneiro de 2006 como o primeiro mandatario boliviano en ser electo Presidente da República en primeira volta en máis de 30 anos. Volveu gañar as eleccións en 2009 e 2014.
De orixe amerindia, da etnia aimará, Morales é o representante do sector campesiño da rexión do Chapare boliviano e dirixente do Movemento ao Socialismo (MAIS) - IPSP Instrumento Político pola Soberanía dos Pobos. É xunto a Felipe Quispe, un dos indíxenas máis famosos da historia actual do seu país.