Exocitose

Sinapse entre a neurona A (transmisora) e a B (receptora) na que se liberan neurotransmisores por exocitose.
1. Mitocondria
2. Vesícula sináptica con neurotransmisores
3. Autorreceptor
4. Sinapse con liberación de neurotransmisor (serotonina)
5. Receptores postsinápticos activados por neurotransmisores (indución dun potencial postsináptico)
6. canle de calcio
7. Exocitose dunha vesícula
8. Neurotransmisor recapturado.
Tipos de exocitose: constitutiva e regulada.

A exocitose (do grego ἔξω, exo, "fóra" e κύτος, kitos, "célula, receptáculo"), é o proceso por medio do cal as células expulsan ao exterior substancias secretoras incluídas dentro de vesículas [1]. A vesícula diríxese á membrana plasmática, fusiónase con ela e expulsa o seu contido no exterior da célula. As vesículas de exocitose conteñen proteínas solubles que deben ser secretadas ao medio extracelular, ou proteínas de membrana e lípidos que se van incorporar á membrana plasmática. O material expulsado exercerá unha función no exterior ou poden ser residuos celulares evacuados da célula. Exocitose é o contrario de endocitose.

  1. Nicholas H. Batteya, Nicola C. Jamesa, Andrew J. Greenlandb, and Colin Brownleec. The Secretory System. Exocytosis and Endocytosis. Review

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne