Nome completo | First Racing |
---|---|
Bandeira | ![]() |
Baseada en | Italia |
Tempadas en activo | 1 (1989) |
Número de pilotos | ![]() |
Debut | Gran Premio do Brasil de 1989 |
Carreiras | 1 (0 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 1989 |
First Racing (ás veces escrito como FIRST Racing) foi unha escudaría Italiana fundada por Lamberto Leoni, que competiu en Fórmula Internacional 3000 de 1987 ata 1991. O equipo construíu un coche para participar na tempada 1989 de Fórmula 1, deseñado por Richard Divila,[1] e impulsado por un motor Judd V8. O italiano Gabriele Tarquini asinou para pilotar o único coche.
Pero, o chasis estaba mal construído, e Divila repudiou o deseño, alegando que non era seguro, incluso indo tan lonxe como para dicir que o coche non era nada máis que "unha interesante maceta".[2][3] O coche, deu positivo nun crash test de pretempada obrigatorio da FIA, e FIRST retirouse antes do inicio do Gran Premio do Brasil.
O chasis do First foi recuperado en 1990 por Life que o chamaría L190, considerado o coche mais lento da historia da categoría.