FOX Italia é unha canle de entretemento en Italia emitida pola filial italiana da rede estadounidense Century FOX[1]. A súa propiedade, como tamén a súa xestión, vén da man de Fox International Channels Italy e a plataforma de pago de satélite italiana[2] onde emite na canle 111. Tamén ten dúas canles adicionais onde emite a mesma programación cunha hora e dúas horas de diferenza respectivamente do que xa emitiu a canle FOX, estes están dispoñibles na canle 112 ( FOX +1) e o 141 ( FOX +2) da plataforma de pago. Lanzado no 2003, transmite as series de máis renome das televisión internacionais, en italiano ou ben escollendo a versión inglesa nas opcións de son da canle.
O grupo 20th Century FOX tamén emite algúns dos seus diversos canais da FOX para España e Portugal, como tamén en Italia a versión italiana do The History Channel.
No 2009, comezou a transmitir a versión en HD (Alta definición).