![]() | |
PDB 1qqk | |
Factor de crecemento de queratinocitos
| |
Identificadores | |
Símbolo | FGF7 |
Símbolos alt. | HBGF-7, KGF, fibroblast growth factor 7 |
Entrez | 2252 |
RefSeq | NP_002000 |
UniProt | P21781 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 15 15q21.2:(49.42 – 49.49 Mb) |
O factor de crecemento de queratinocitos ou KGF (do inglés keratinocyte growth factor), tamén coñecido como FGF7, é un factor de crecemento presente na fase de epitelización da curación de feridas. Nesta fase, os queratinocitos cobren a ferida, formando o epitelio. Está codificado no xene FGF7 do cromosoma 15 humano.[1][2][3]
O KGF é unha pequena molécula de sinalización que se une ao receptor do factor de crecemento de fibroblastos 2b (FGFR2b).[4] Para que ocorra a sinalización, requírese a formación dun dímero entre dous complexos FGF:FGFR que están ligados por unha molécula de heparina.
O KGF pertence á familia do FGF. Coñécense 23 FGF, e 4 receptores de FGF. A unión de FGF:FGFR é complexa e está regulada por diversos mecanismos de maneira específica de tecidos.
O FGF10 tamén se coñece como "factor de crecemento de queratinocitos 2".[5]