Factor de virulencia

α-Toxina do Staphylococcus aureus, unha hemolisina (PDB 7AHL).

Un factor de virulencia é unha molécula producida por un axente infeccioso (bacterias, virus, fungos, protozoos) que contribúe ao carácter patóxeno (a virulencia) deses organismos e lles permite:

  • ocupar un nicho no hóspede (colonización), o que ocorre polo movemento cara ás súas células e a unión ás mesmas [1][2];
  • escapar ao sistema inmunitario do hóspede (inmunoevasión) [3][2];
  • inhibir o sistema inmunitario do hóspede (inmunosupresión) [1];
  • entrar e saír das células do hóspede no caso de infeccións intracelulares (o que é típico dos virus) ;
  • absorber os nutrientes do hóspede.[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 Casadevall A, Pirofski LA (2009). "Virulence factors and their mechanisms of action: the view from a damage –response framework". Journal of Water and Health 7 (Supplement 1): S2–S18. PMID 19717929. doi:10.2166/wh.2009.036. 
  2. 2,0 2,1 Ryding S (2021). "What are Virulence Factors?". News-Medical.Net. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  3. Cross, Alan S (2008). "What is a virulence factor?". Critical Care 12 (6): 197. PMC 2646308. PMID 19090973. doi:10.1186/cc7127. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne