O fado é un estilo musical portugués.[1] Xeralmente é cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos barrios típicos.
A palabra fado vén do latín fatum, ou sexa, "destino". De orixe escura, xurdiu probablemente na primeira metade do século XIX. Hai quen sinala na súa xénese unha síntese de xéneros musicais brasileiros, na altura de gran popularidade en Lisboa, como o lundun e a modiña.
A primeira cantadeira de fado da que se ten coñecemento foi Maria Severa.