![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Unha falla, en xeoloxía, é unha descontinuidade que se forma nas rochas superficiais da Terra (ata uns 200 km de profundidade) por fractura, cando as forzas tectónicas superan a resistencia das rochas. A zona de ruptura ten unha superficie xeralmente ben definida denominada plano de falla e a súa formación vai acompañada dun esvarado tanxencial plano das rochas .
O movemento causante da dislocación pode ter diversas direccións: vertical, horizontal ou unha combinación de ámbalas dúas. Nas masas montañosas que se alzaron por movemento de fallas, o desprazamento pode ser de miles de metros e mostra o efecto acumulado, durante longos períodos, de pequenos e imperceptibles desprazamentos, no canto dun gran levantamento único. Con todo, cando a actividade nunha falla é repentina e brusca, pódese producir un gran terremoto, e ata unha ruptura da superficie terrestre, xerando unha forma topográfica chamada escarpa de falla.