Family Guy | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Formato | Comedia de animación |
Creado por | Seth MacFarlane |
Desenvolvido por | Seth MacFarlane David Zuckerman |
Intérpretes | Seth MacFarlane Alex Borstein Seth Green Mila Kunis |
País de orixe | ![]() |
Episodios | 349 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Lolee Aries David A. Goodman Seth MacFarlane Daniel Palladino David Pritchard David Zuckerman |
Duración | 20–23 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | FOX |
Formato de imaxe | 480i (SDTV) |
Primeiro episodio | 31 de xaneiro de 1999 - 14 de febreiro de 2002 1 de maio de 2005 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
https://www.fox.com/familyguy/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Family Guy é unha comedia de animación norteamericana creada por Seth MacFarlane para FOX en 1999. A serie foi cancelada unha vez en 2000 e outra no 2002, pero as fortes vendas de DVD e as reposicións dos capítulos en Cartoon Network levou á FOX a retomar a súa produción no 2005. Este é sen dúbida un feito único para unha serie de televisión, e aínda máis para unha serie de animación.
O principal protagonista, Peter Griffin, é a cabeza dunha familia de clase media clasicamente disfuncional. A marca de humor propia de Family Guy son as habituais referencias á cultura popular de forma disparatada e os flashbacks sen sentido que xorden durante os momentos máis divertidos e máis inesperados.
Seth MacFarlane, alén de ser o autor da serie, contribúe igualmente para as voces de moitos dos personaxes (Peter, Brian, Stewie, Glenn Quagmire, Tom Tucker, e algúns outros).