Fantasma

O termo galego fantasma é sinónimo de pantasma[1], de orixe latina phantasma e este do grego φάντασμα, da raíz φαινεῖν. En portugués tamén se usan fantasma e pantasma, sendo este último máis usado en Tras os Montes e o Brasil.[2]

As palabras pantasma e fantasma poden referirse a:

  • Pantasma ou fantasma - Visión ou imaxe fantástica, produto dos soños ou da imaxinación exaltada (véxase o termo relacionado Fantasía).
  • Alma en pena dun defunto que se supón que anda entre os vivos, penando polas súas culpas (véxase Santa Compaña).
  • Fantasma ou pantasma como posibilidade de que ocorra algo negativo (fantasma da fame).
  • Fantasma ou pantasma como expresión de irreal ou inexistente.
    • Membro pantasma.
    • Empresa pantasma (empresa inexistente, nomeada como fraude).
    • Aldea, cidade, estación, etc... pantasma (lugar deshabitado).
  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-07-25. 
  2. "pantasma" (en portugués). 2021-01-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne