Farinxite

Farinxite
EspecialidadeInfectoloxía
CausasXeralmente, infeccións virais
DiagnósticoBaseado nos sintomas, exame rápido de antíxenos, recolla de esfregado da garganta
TratamentoAntiinflamatorios non-esteroides, lidocaína
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A farinxite[1] é unha infección respiratoria caracterizada pola inflamación da parte posterior da garganta, chamada farinxe.[2] [3] Os síntomas máis evidentes son dor de gorxa e febre.[3] Outros síntomas inclúen secreción nasal, tose, dor de cabeza e rouquido.[4] Os síntomas adoitan manifestarse durante tres a cinco días. As complicacións poden incluír sinusite e otite media aguda.[3]

A maioría dos casos son causados por unha infección viral. Aproximadamente o 25% dos casos en nenos e o 10% en adultos son causados pola bacteria Streptococcus pyogenes, unha infección que se denomina farinxite estreptocócica.[3][5] Entre outras causas posibles pero pouco frecuentes están bacterias como a gonorrea, fungos, irritantes como o tabaco, alerxias e enfermidades de refluxo gastroesofáxico.[3] [6] En persoas con síntomas evidentes dunha infección viral, como un arrefriado, non se recomendan probas específicas. Noutros casos, recoméndase realizar unha proba rápida de antíxeno ou recoller un frotis para a súa análise. Entre outras afeccións que poden producir síntomas similares están a epiglotite, a tiroidite, o absceso retrofarínxeo e, ocasionalmente, as enfermidades cardiovasculares.[3]

A dor pódese aliviar con medicamentos antiinflamatorios non esteroides como o ibuprofeno.[3] A aplicación tópica de lidocaína tamén pode ser beneficiosa.[6] As infeccións bacterianas adoitan tratarse con antibióticos como a penicilina ou a amoxicilina.[3] Aínda non está claro se os corticosteroides son ou non beneficiosos na farinxite aguda máis aló posiblemente dos casos máis graves.[7] [8]

A farinxite é a causa máis común de dor de garganta.[9] Cada trimestre, preto do 7,5% da poboación padece farinxite.[10] De media, un adulto ten dor de garganta entre dúas e tres veces ao ano e un neno cinco veces ao ano.[11] [4] En calquera intervalo de tres meses, preto do 7,5% da poboación mundial ten farinxite.[12]

  1. "farinxite". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-07-30. 
  2. "Pharyngitis". Consultado o 4 de agosto de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Evidence-Based Evaluation And Management Of Patients With Pharyngitis In The Emergency Department.". Emergency medicine practice 17 (9): 1–16; quiz 16–7. Setembro de 2015. PMID 26276908. 
  4. 4,0 4,1 Community Pharmacy ANZ: Symptoms, Diagnosis and Treatment (en inglés). 2015. p. 19. ISBN 9780729583459. 
  5. "farinxite". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-07-30. 
  6. 6,0 6,1 "Pharyngitis.". Primary care 41 (1): 91–8. março de 2014. PMID 24439883. 
  7. "No evidence for the effectiveness of systemic corticosteroids in acute pharyngitis, community-acquired pneumonia and acute otitis media.". European journal of clinical microbiology & infectious diseases : official publication of the European Society of Clinical Microbiology 32 (2): 151–60. febreiro de 2013. PMID 22993127. 
  8. "Corticosteroids as standalone or add-on treatment for sore throat.". The Cochrane database of systematic reviews 10: CD008268. 17 de outubro de 2012. PMID 23076943. 
  9. Marx, John (2010). Rosen's emergency medicine: concepts and clinical practice. Philadelphia, Pennsylvania. ISBN 978-0-323-05472-0. 
  10. Oxford Textbook of Primary Medical Care (en inglés). 2004. p. 674. ISBN 9780198567820. 
  11. Tamparo, Carol (2011). Fifth Edition: Diseases of the Human Body. Philadelphia, PA. pp. 356. ISBN 978-0-8036-2505-1. 
  12. Oxford Textbook of Primary Medical Care (en inglés). 2004. p. 674. ISBN 9780198567820. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne