![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
A farmacia (do grego φάρμακον "veleno"), é a ciencia e práctica da preparación e dispensación de fármacos; tamén o lugar onde se preparan os produtos medicinais e o lugar onde se dispensan, pero este é chamado oficina de farmacia (antigamente chamado botica) para distinguir o concepto de ciencia do concepto de lugar. A farmacia é unha área da materia médica, rama das ciencias da saúde, que estuda a procedencia, natureza, propiedades, e preparación de medicamentos.
Os farmacéuticos comparten cos químicos e os médicos a responsabilidade de sintetizar compostos orgánicos con valor terapéutico. Ademais, cada vez con máis frecuencia solicítase consello á comunidade de farmacéuticos en materia de saúde e hixiene. A Farmacia inclúe, ademais dos coñecementos sobre fármacos e medicamentos, coñecementos sobre os efectos que poden ter estes sobre corpo humano e as propiedades químicas e biolóxicas do corpo onde actúa con axuda de disciplinas da mesma farmacia ou doutros campos afíns como son a farmacoloxía, farmacocinética, farmacodinamia, fisicoquímica, toxicoloxía, farmacotecnia e química farmacéutica.