Farmer Giles of Ham | |
---|---|
Título orixinal | Farmer Giles of Ham |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Ilustrador/a | Pauline Baynes |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | Conto de fadas e Fantasía |
Data de pub. | 1949 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Farmer Giles of Ham, en galego O granxeiro Giles de Ham, é unha novela de John Ronald Reuel Tolkien que foi publicada en 1949 e é a presunta tradución dun manuscrito en latín insular que conta as orixes do Pequeno Reino. Tolkien non concluíra aínda O Señor dos Aneis, pero Giles é, en moitos sentidos, unha parodia desa novela. Aparecen as ferramentas de cabaleiros coma n' O hobbit e no señor, a insensatez e a vaidade dos poderosos e o ascenso dun home común e sen ambicións que chega a rei polos azares dunha aventura.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |