Fear Inoculum | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Tool | ||||
Publicado | 30 de agosto de 2019 | |||
Gravación | marzo de 2019 - xaneiro de 2019 | |||
Estudio(s) | Henson Recording, United Recording, The Loft | |||
Duración | 86:38 | |||
Xénero(s) | rock progresivo, metal progresivo, metal alternativo | |||
Selo(s) | Tool Dissectional, Volcano Entertainment, RCA Records | |||
Produtor | Tool | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Fear Inoculum é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de metal progresivo Tool, publicado o 30 de agosto de 2019 a través dos selos Tool Dissectional, Volcano Entertainment e RCA Records. Foi o primeiro álbum do grupo en 13 anos, debido a problemas creativos, persoais e legais que os membros do grupo se atoparon dende o lanzamento de 10,000 Days. O álbum foi editado coa aclamación da crítica, coincidindo moitas recensións en que a banda refinara con éxito o seu característico son. O álbum chegou ao número 1 da lista estadounidense Billboard 200, o seu terceiro disco seguido en conseguilo, vendendo o equivalente a 270 000 álbums. O álbum tamén chegou á cima das listas doutros cinco países na súa primeira semana.
Dúas cancións do álbum reccibiron nomeacións aos Grammy: o primeiro sinxelo, "Fear Inoculum", ao Grammy á mellor canción de rock, e "7empest",[1] ao de mellor interpretación de metal, conseguindo esta última canción o premio.