Fearless Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1994 |
Sede | Westminster |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.fearlessrecords.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fearless Records é un selo discográfico estadounidense fundado no ano 1994. Fearless está baseado en Culver City, California, e é coñecido sobre todo polos seus primeiros momentos pop punk capturados nos lanzamentos Fearless Flush Sampler e Punk Bites, ademais de edicións adicionais de bandas como Bigwig e Dynamite Boy, e posteriormente Sugarcult, Plain White T's, The Aquabats, Amely e lanzamentos post-hardcore de At the Drive-In e Anatomy of a Ghost.[1] Porén, o selo experimentou con diferentes estilos nos últimos anos. Artistas como Blessthefall, The Word Alive, Ice Nine Kills, Mayday Parade, Pierce The Veil e The Color Morale amosáronse como bandas de post-hardcore, metalcore e rock alternativo xurdidas nos últimos anos. Os lanzamentos de Fearless Records eran distribuídos a nivel nacional por RED Distribution,[2] pero e maio de 2015 o selo foi mercado por Concord Music Group[3] e dende entón a súa música é distribuída por Universal Music Group.