Febre das trincheiras

Febre das trincheiras
Clasificación e recursos externos
ICD-10A79.0
ICD-9083.1
DiseasesDB29814
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A febre das trincheiras ou febre quintana[1] é unha doenza infecciosa bacteriana moderadamente grave transmitida polo piollo do corpo (Pediculus humanus humanus). A enfermidade é causada pola bacteria Bartonella quintana (antes chamada Rickettsia quintana e Rochalimea quintana), que se encontra na parede estomacal do piollo do corpo [2] (os piollos da cabeza non a transmiten). Outros nomes da febre das trincheiras son febre de Wolhynia, febre da tibia, febre do Mosa, enfermidade de His, enfermidade de His–Werner (polos médicos Wilhelm His, Jr. e Heinrich Werner) e febre quintana urbana.

Houbo unha epidemia desta doenza nas frontes bélicas da primeira guerra mundial, nas que se combatía en trincheiras. Infectou os exércitos en Flandres, Francia, Polonia, Galitzia, Italia, Salónica, Macedonia, Mesopotamia, Exipto,[2][3] Alemaña e Rusia [2] (tres afectados famosos foron os escritores J. R. R. Tolkien,[4] A. A. Milne,[5] e C. S. Lewis[6]). A epidemia chegou a ter grande importancia, xa que de 1915 a 1918 entre un quinto e un terzo de todas as tropas británicas declaradas enfermas tiveron a febre das trincheiras, mentres que nos exércitos alemán e austríaco aproximadamente un quinto de todos os soldados enfermos o estaban por esta febre.[3] A doenza persistiu despois ata a época actual entre persoas sen fogar.[7] Documentáronse gromos, por exemplo, en Seattle[8] e Baltimore nos Estados Unidos entre drogadictos por vía intravenosa[9] e en Marsella, Francia,[8] e Burundi.[10]

  1. Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. p. 1095. ISBN 1-4160-2999-0. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Francis Timoney, William Arthur Hagan (1973). Hagan and Bruner's Microbiology and Infectious Diseases of Domestic Animals. Cornell University Press. 
  3. 3,0 3,1 Justina Hamilton Hill (1942). Silent Enemies: The Story of the Diseases of War and Their Control. G. P. Putnam's Sons. 
  4. John Garth (2003). Tolkien and the Great War: The Threshold of Middle-earth. HarperCollins Publishers. 
  5. Humphrey Carpenter; Mari Prichard (1984). The Oxford companion to children's literature. Oxford University Press. p. 351. ISBN 9780192115829. 
  6. CS Lewis (1955). Surprised By Joy. Harcourt. 
  7. Milonakis, Eleftherios, and Michael A. Forgione. "Trench Fever". EMedicine. 26 de xuño de 2006. 11 de xuño de 2007 <http://www.emedicine.com/med/topic2303.htm>.
  8. 8,0 8,1 Ohl, M. E.; Spach, D. H. (1 de xullo de 2000). "Bartonella quintana and Urban Trench Fever". Clinical Infectious Diseases 31 (1): 131–135. PMID 10913410. doi:10.1086/313890. 
  9. Comer, James A. (25 de novembro de 1996). "Antibodies to Bartonella Species in Inner-city Intravenous Drug Users in Baltimore, Md". Archives of Internal Medicine 156 (21): 2491. doi:10.1001/archinte.1996.00440200111014. 
  10. Raoult, D; Ndihokubwayo, JB; Tissot-Dupont, H; Roux, V; Faugere, B; Abegbinni, R; Birtles, RJ. "Outbreak of epidemic typhus associated with trench fever in Burundi". The Lancet 352 (9125): 353–358. doi:10.1016/S0140-6736(97)12433-3. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne