Fecal Matter | |
---|---|
Orixe | Aberdeen, Washington, |
Período | 1985 - 1986 |
Xénero(s) | punk rock, grunge, noise rock |
Membros | Kurt Cobain Dale Crover Greg Hokanson Buzz Osborne Mike Dillard |
Artistas relacionados | Nirvana, Melvins |
Na rede | |
Fecal Matter foi unha banda estadounidense de punk rock de curta vida procedente de Aberdeen, Washington e formada en 1985 por Kurt Cobain, o futuro líder de Nirvana, e Dale Crover de The Melvins. Posteriormente entrarían no grupo outros membros dos Melvins como Buzz Osborne e Mike Dillard, que só estiveron durante un breve período de tempo en 1986.
A única gravación da banda, a cinta demo Illiteracy Will Prevail, a día de hoxe aínda non foi publicada oficialmente, coa excepción da canción "Spank Thru". Porén, partes filtradas da casete están dispoñibles en distintas páxinas de Internet.