Fender Musical Instruments Corporation | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Privada |
Fundación | 1946 |
Localización | Scottsdale (Arizona) ![]() |
Fundador | Clarence Leonidas Fender |
Persoas clave | Andy Mooney (CEO) |
Industria | Instrumentos musicais |
Na rede | |
https://www.fender.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fender Musical Instruments Corporation é o primeiro fabricante mundial de instrumentos de corda, e en Estados Unidos é o principal fabricante de guitarras eléctricas de corpo sólido, con deseños que inclúen as famosas Stratocaster e Telecaster. Fender tamén se considera a inventora dos baixos eléctricos de corpo sólido, que agora son fundamentais no rock, jazz, country, funk, e moitos outros tipos de música popular. Ten a súa sede en Scottsdale (Arizona, nos Estados Unidos).
A compañía fabrica instrumentos como guitarras acústicas, baixos eléctricos, mandolinas, banjos e violíns, así como amplificadores de guitarra e baixo e equipos de directo. Tamén fabrican pianos eléctricos, os famosos Fender Rhodes. Outras marcas de Fender son: Guild (guitarras acústicas e eléctricas), Rodriguez (guitarras clásicas), Benedetto (guitarras de jazz), SWR (amplificación de baixos) e Squier (modelos económicos).