Fernando Alonso Díaz ( pronunciación (axuda · info)), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.[1][2][3][4][5][6][7][8] e tamén pilotou para McLaren, Ferrari e Minardi. Con Toyota, Alonso gañou as 24 Horas de Le Mans dúas veces, en 24 Horas de Le Mans de 2018 e 24 Horas de Le Mans de 2019, e o FIA World Endurance Championship no 2018–19. Tamén gañou as 24 Horas de Daytona con Wayne Taylor Racing en 2019.
Ata o Gran Premio de Abu zabi de 2024, Alonso conseguiu 32 vitorias, 22 pole positions, 26 voltas rápidas e 106 podios na Fórmula Un. Alonso gañou a Race of Champions Copa das Nacións de 2001 co piloto de rallyes Jesús Puras e o motociclista Rubén Xaus para o Equipo de España e participou tres veces nas 500 Millas de Indianápolis en |2017, 2019 e 2020. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes, os Premios Deportista do Ano e a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e foi incorporada dúas veces ao Salón da Fama da FIA. Alonso dirixe un equipo de carreiras esports e junior e é Embaixador de boa vontade de UNICEF.