![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018) |
Epónimo | Fernão de Loronha ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Pernambuco ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.167 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 26 km² ![]() | ||||
Medición | 10 (![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 0 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 53990-000 a 53999-999 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 81 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 2605459 ![]() | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Data | 25 de xaneiro de 2018 | ||||
Identificador | 2333 | ||||
Ben declarado patrimonio polo IPHAN | |||||
Data | 22 de xuño de 2017 | ||||
Sitio web | noronha.pe.gov.br ![]() |
Fernando de Noronha é un arquipélago brasileiro formado por 21 illas e sito no océano Atlántico, ao leste do Estado do Río Grande do Norte. A illa principal, chamada Illa de Fernando de Noronha, ten uns 17 km² e fica a 545 km de Recife e a 360 km de Natal, capital do Río Grande do Norte. Só a illa principal está poboada, e só por uns 2500 habitantes. Gobérnaa un administrador designado pola administración do Pernambuco, á que pertence.
O arquipélago sitúase na coordenada 3°54′S - 32°25′W, ou sexa, próximo á liña do Ecuador. Como non ten grandes montañas que sirvan como barreiras ás nubes, cae pouca chuvia e, así, o seu clima é semiárido. O punto máis alto do arquipélago, o Morro do Pico na illa principal, ten unha altura de 321 m.
As illas espertan o interese de ecoturistas e mergulladores, polas súas praias de augas limpas, poboadas por rica fauna mariña (destacando os golfiños e as tartarugas mariñas que poñen os seus ovos na illa). Pero as visitas están controladas polo goberno: cada turista paga un imposto por acceder ao arquipélago, que medra con cada día adicional de visita. Ese imposto destínase a traballos de pescuda e conservación. Vivir na illa só lles está permitido ás persoas que naceron nela, ou que casaron aló.