Ferrari 735 S | |
---|---|
![]() | |
Marca | Ferrari ![]() |
Fabricante | Ferrari e Fiat ![]() |
Período | 1953 |
Produción | 3 unidades |
Configuración | |
Configuración | Tracción traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades |
Tren motriz | |
Motor | 4 cilindros en liña e 2941 cc |
Velocidade máxima | 240 km/h |
Aceleración | 225 cv a 6.800 rpm |
Dimensións | |
Peso | 750 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Ferrari 735 S foi fabricado no ano 1953 co obxectivo de experimentar novas solucións de deseño para triunfar nas estradas. Destacábase pola súa pequena carrocería liviá e un motor 4 cilindros. Basicamente, o Ferrari 735 S diferénciase doutros Ferrari polo seu pequeno tamaño, baixo peso e o motor 4 cilindros. Tan só se fabricaron 3 exemplares do 735 S, todos utilizados en carreiras.
O resultado final non foi óptimo pero a proba serviu para comprobar que esta nova xeración de vehículos funcionaba ben (especialmente os novos motores 4 cilindros) e tiña un gran potencial.
A carrocería do Ferrari 735 S foi deseñada pola empresa italiana "Carrozzeria Autodromo" especialmente para as carreiras. Cun deseño tipo Barchetta, os deseñadores foron astutos ao concibiren este vehículo con beirís moi curtos e luces embutidas con vidros que as encapsulaban para mellorar a aerodinámica.
A silueta curva, a grella pequena situada baixo a trompa e o pequeno parabrisas que impedía que o vento impactase directamente no rostro do piloto evidenciaba un traballo cauteloso e intelixente por parte dos deseñadores.