Ferrari TR

Ver tamén os modelos 500 TR e Testarossa.
Ferrari Testa Rossa

TipoRoadster
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Período
1957 
1961
DeseñoSergio Scaglietti, Pininfarina e Fantuzzi
Dimensións
Lonxitude4.178 mm
Anchura1.549 mm
Altura1.013 mm
Peso800 kg
Relacionados
RelacionadoFerrari 250 GTO
Commons ] Wikidata ]

O Ferrari TR ou 250 Testa Rossa, é un modelo de coche de carreiras construído por Ferrari nos anos 1950 e 60. Estes coches dominaron todos os escenarios, con variacións gañaron as 24 Horas de Le Mans en 1958, 1960 e 1961. Estaban estrechamente relacionado co resto da liña Ferrari 250, especialmente o lendario 250 GTO.

En total construíronse, trinta e catro 250 Testa Rossas entre 1956 e 1961. A frase "Testa Rossa" significa "cabeza vermella". O máis coñecido, o 250 TR, foi producido desde 1957 ata 1958, só foron construídos dous coches de fábrica e 19 coches para clientes. Logo do 250 GTO, o 250 Testa Rossa é o segundo modelo de Ferrari máis valioso, a miúdo valorado en máis de 8 000 000 de dólares. Un 250 Testa Rossa de 1957 vendeuse o 20 de agosto de 2011 por 16´4 millóns de dólares, un novo récord mundial de prezos de poxa dun coche cando se ten en conta a inflación.[1] Tamén hai que sinalar que houbo un tempo en que este coche, xunto con varios modelos similares, foi visto como un mero cacharro "escangallado" e obsoleto. En 1965 vendíase por un prezo tan baixo como 4.000 $.

  1. Greg Wilson. "Ferrari Auctioned for Record $16.4 Million". nbcbayarea. Consultado o August 22, 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne