Ferrari 125 F1

Ferrari 125 F1

MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoGioacchino Colombo, Valerio Colotti
Produción1948-1950
Configuración
CarrozaríaMonopraza de carreiras
Tren motriz
Motor1.5 L Colombo s/c V12
Dimensións
Lonxitude3685 mm
Anchura1400 mm
Altura1025 mm
Peso710 kg.
Relacionados
RivalAlfa Romeo 158, Maserati 4CLT Talbot T26C
RelacionadoFerrari 125
Cronoloxía
Commons ] Wikidata ]

O 125 F1 foi o primeiro coche de Ferrari de Fórmula Un. Compartiu o seu motor co 125 S coche deportivo que o precedeu un ano antes, pero que foi desenvolvido ao mesmo tempo por Enzo Ferrari e o famoso deseñador, Gioacchino Colombo.

O 125 F1 tiña chasis de aceiro tubular e un motor V12 sobrealimentado de 1´5 litros, que rendía 230 cv de potencia a 7.000 rpm. Súa primeira carreira foi o XVIII Gran Premio de Italia, disputado o 5 de setembro de 1948, e tivo como piloto a Raymond Sommer quedando o 125 F1 na 3ª posición.

Para 1949, o motor foi modificado o que deu ao coche unha potencia de 280 cv a 8.000 rpm, garantindo ao modelo máis de 5 vitorias aquel ano con Alberto Ascari, Luigi Villoresi e Peter Whitehead O desenvolvemento continuou o ano seguinte, o compresor foi retirado en favor dun motor maior, o 275, proxectado por Aurélio Lampredi.

Xa no período da Fórmula 1 moderna, o modelo foi utilizado nas tempadas de 1950, 1951 e 1952 de F1. Foi pilotado por Alberto Ascari, Raymond Sommer, Gigi Villoresi, José Froilán González, Giuseppe Farina e Piero Taruffi.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne