Ferrari 212 Export | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Deportivo |
Fabricante | Ferrari ![]() |
Produción | 1951 (28 unidades) |
Tren motriz | |
Motor | 2562 cc SOHC Colombo V12 |
Velocidade máxima | 220 km/h ![]() |
Dimensións | |
Peso | 975kg. |
Relacionados | |
Relacionado | Ferrari 212 Inter |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Ferrari 212 Export foi un coche deportivo producido por Ferrari en 1951 para substituír o 195 S. Tiña unha distancia entre eixes máis curta que o modelo orientado a turismo, o Ferrari 212 Inter, que era un gran turismo.
O motor Colombo utilizado no Export tiña unha relación de compresión de 8.0:1, por encima da relación 7,5:1 utilizada no Inter. A maioría dos export utilizáronse na competición e foron equipados cunha configuración máis complicada, con tres carburadores Weber 32 DCF, dando unha potencia de saída de 175 bhp (130 kW; 177 PS) a 6500 rpm.
Construíronse vinte e oito modelos 212 Export.
En 1951, o 212 Export logrou os tres primeiros lugares na Tour de Francia automobilístico e gañou o Giro di Sicilia e o Giro di Toscana de carreiras de motor.