Ferrari 250 Europa

Ferrari 250 Europa

FabricanteFerrari
PaísItalia Italia
Período
1953 
Configuración
ConfiguraciónTraseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades
Tren motriz
MotorV 12 de 2963 cc
Potencia200 hp a 6300 rpm
Velocidade máxima217 Km/h
Aceleración0-100: 7.5s
Dimensións
Lonxitude4.450 mm Editar o valor en Wikidata
Peso1.161 Kg
Commons ] Wikidata ]

O Ferrari 250 Europa foi un chanzo importante no desenvolvemento de Ferrari como fabricante de automóbiles. O 250 Europa representa un grande esforzo por adicarse á produción en serie de autos deportivos tipo Gran Turismo para estrada, para clientes particulares.

Ata aquel entón, Ferrari entregaba os chasis e motores a empresas como Pininfarina, Scaglietti ou Vignale para que deseñasen e construísen as carrozarías e interiores a gusto do cliente. Por ese motivo é que un mesmo tipo de auto terminaba tendo gran diversidade de carrozarías e estilos. Isto imposibilitaba a uniformidade e a consolidación dunha imaxe representativa da marca.

Neste caso Ferrari logrou estandarizar a produción, aínda que os primeiros 20 autos conformaron unha serie e os 44 restantes outra. Os 20 exemplares de Ferrari 250 Europa foron fabricados nun período apenas superior a un ano.

O Ferrari 250 Europa é considerado un dos autos máis rápidos e áxiles que Ferrari fabricou nos inicios da década de 1950. Aínda que outros eran máis rápidos en velocidade final en circuítos longos, o 250 Europa era moi rápido nas súas reaccións e contaba con gran manobrabilidade.

O legado máis importante do Ferrari 250 Europa é o fortalecemento da relación entre Ferrari e Pininfarina. Os deseños son tan conservadores como refinados, precisamente isto é o que se considera que fai que as liñas de Pininfarina sexan tan ben aceptadas por todo tipo de público.

Vista traseira

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne