Ferreira, Coristanco

Ferreira
Cruceiro e igrexa de Santa María de Ferreira.
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′09″N 8°46′53″O / 43.15261327, -8.78138637
Área5 km²
Poboación162 hab. (2018)
Densidade32,4 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Ferreira é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. En 2018 contaba con 162 habitantes dos cales 69 eran homes e 93 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 192 habitantes (104 mulleres e 88 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 174 habitantes, sendo 77 homes e 97 mulleres.

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne