Ferroalixe ou ferroliga é o nome de variss aliaxes que conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos (como o silicio ou o carbono) en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades superiores ás dos aceiros normais e, por iso, poden soportar requirimentos mecánicos e corrosivos extremos.
Úsanse durante os procesos de fabricación dos aceiros especiais. Cando o aceiro se encontra en estado líquido, adiciónanse as ferroaliaxes para mudar a composición do aceiro e dar unha característica especial a este.
As ferroaliaxes máis comúns son o ferromanganeso, o ferrosilicio e o ferrocromo. Cada elemento dá unha propiedade especial ao aceiro como o aumento da súa dureza, resistencia á corrosión, maior maleabilidade, etc.