O Ferrocarril Talyllyn (galés: Rheilffordd Talyllyn) é un ferrocarril de vía estreita conservado en Gales que aínda funciona nun traxecto de 11,6 km[1] dende Tywyn ata Nant Gwernol, preto da vila de Abergynolwyn. A liña foi inaugurada en 1866 para transportar lousa dende as canteiras de Bryn Eglwys ata Tywyn, e foi o primeiro ferrocarril de vía estreita autorizado pola Lei do Parlamento para poder transportar pasaxeiros usando vapor.[2][3] Malia a escaseza de investimentos,[4] a liña permaneceu aberta, e en 1951 converteuse no primeiro ferrocarril do mundo en ser protexido como patrimonio.[5][6]