Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ferrol | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 64.218 (776,99 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 82,65 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Juliano de Toledo (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Xosé Manuel Rey (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Ferrol | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15401–15406 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15036 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ferrol.gal | ||||
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol e terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2024 tiña 64.218 habitantes. É a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.
Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, con especial influencia do sector naval. Tamén existe unha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un Arsenal Militar.
O concello, situado nunha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén ten unha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas. Limita por terra co concello de Narón.
Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana para os efectos legais malia atoparse no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².