Tipo | fervenza ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Río Nilo Azul ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Amhara, Etiopía ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Nilo ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 42 (![]() | |||
As fervenzas do Nilo Azul (en amhárico: Tis Abay; que quere dicir "auga fumegante") son unhas fervenzas que se atopan no río Nilo Azul, en Etiopía. Atópase no curso alto do río, a uns 30 km da vila de Bahir Dar e do lago Tana. As fervenzas son unha das atraccións turísticas máis coñecidas de Etiopía.
Atópanse a unha altura de 37 a 45 metros, constan de catro correntes de auga que orixinalmente na estación chuviosa chegaban a facer 400 metros de ancho pero con moi pouca auga na estación seca. A regulación do lago Tana reduce a variación estacional e dende o ano 2003 unha central hidroeléctrica recolle gran parte do seu caudal, agás durante a estación chuviosa.[1] As fervenzas do Nilo Azul illan a ecoloxía do lago Tana do resto do río Nilo e danlle endemismos á fauna do lago.[2]
A curta distancia augas abaixo das fervenzas construíuse a primeira ponte de pedra de Etiopía por parte do Emperador Susenyos no ano 1626. Segundo Manuel de Almeida, a pedra de construción atopouse no afluente Alata, e os expertos construtores proviñan da India con Afonso Mendes, sendo o supervisor das obras o Patriarca Ortodoxo de Etiopía.[3]