Festival 2005

Festival 2005
Vídeo de The Cure
Edición27 de novembro do 2006
Duración155 minutos

Festival 2005 é un DVD da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 27 de novembro do 2006. Foi rodado durante os concertos da banda como cabeza de cartel en 9 festivais europeos durante o verán de 2005. O vidio amosa gran cantidade de puntos de vista "capturados por seareiros, polo equipo de rodaxe e a través das pantallas xigantes". Foi a primeira edición física da banda dende que o guitarrista Porl Thompson regresou á banda.

O 26 de decembro do 2006 lanzouse tamén un EP que contén tres dos temas do DVD, "alt.end", "Push" e "Inbetween Days".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne