Festival do Norte

Festival do Norte

Tipofestival de música Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónVilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa e Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación2000 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
The Vaselines no Festival do Norte 2011

O Festival do Norte (FDN) foi un festival de música pop, rock, indie e electrónica principalmente, que se celebrou dende o ano 2000 até o ano 2015 en Galicia. Vilagarcía de Arousa acolleu tódalas edicións agás tres: unha en Santiago de Compostela (no ano 2003) e outras dúas (nos anos 2014 e 2015) na Illa de Arousa. A súa duración era de dous días, un venres e mais un sábado, e adoitaba ser no mes de maio. Porén, nas últimas edicións, o festival tivo lugar en xullo durante tres días. No ano 2016 non se celebrou, sendo substituída polo Atlantic Fest[1][2].

As edicións do festival en Vilagarcía realizáronse no recinto feiral Fexdega, con capacidade para miles de persoas. A organización correu a cargo de Producciones Independientes Culturales, e os principais patrocinadores dos seus derradeiros anos foron Caixanova e Estrella Galicia, aínda que na última edición se instalou unha carpa de ensaio de Movistar. Os seus directores foron Toño Caneda e Pablo Bandín[3].

Polos seus escenarios pasaron grupos de sona coma Bunbury, Pereza, Placebo, Vetusta Morla, Deluxe, Russian Red, Triángulo de Amor Bizarro ou The Sunday Drivers entre moitos outros.

  1. A. Gago (20-1-2016). "El nuevo "Atlantic Fest" toma el relevo del Festival do Norte en A Illa de Arousa". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). Consultado o 19-5-2017. La ruptura de la sociedad que conformaba el Festival do Norte no va a ser un problema para A Illa, que durante el primer fin de semana de julio tendrá garantizada la celebración de un festival de música alternativa. 
  2. Javier Becerra (3-6-2016). "(Atlantic Fest) El «indie» pasa de ser juvenil a familiar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 19-5-2017. El Festival do Norte ya es historia. De sus cenizas nace el Atlantic Fest con una intención: adaptar la misma pasión por la música a un formato más amplio. 
  3. "A trastenda do Festival do Norte". ponte.tv. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 20 de maio de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne