Fever to Tell | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Yeah Yeah Yeahs | ||||
Publicado | 29 de abril de 2003 | |||
Estudio(s) | Headgear Studio, Brooklyn | |||
Duración | 39:29 | |||
Xénero(s) | indie rock, garage rock | |||
Selo(s) | Interscope, Fiction | |||
Produtor | David Andrew Sitek, Yeah Yeah Yeahs | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Fever to Tell é o álbum de estrea da banda de indie rock estadounidense Yeah Yeah Yeahs, editado o 29 de abril do 2003 a través do selo Interscope Records. Foi producido por David Andrew Sitek e mesturado por Alan Moulder.
Fever to Tell foi nomeado ao premio ao mellor álbum alternativo nos Grammy e foi certificado ouro no Reino Unido. O vídeo de "Maps" foi nomeado nos MTV Video Music Awards do 2004 á mellor dirección artística, mellor cinematografía, mellor edición e ao MTV2 Award. The New York Times elixiu Fever To Tell como mellor álbum do ano. En xuño do 2005 o álbum foi situado no porto 89 na lista da revista Spin dos 100 mellores álbums entre 1985 e 2005. Tamén aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. No ano 2009 o álbum foi declarado segundo as publicacións Rolling Stone, Pitchfork Media e NME, o 28, 24 e 5 mellor da década respectivamente.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 31 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]