Fidel Castro

Modelo:BiografíaFidel Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es-419) Fidel Alejandro Castro Ruz Editar o valor en Wikidata
13 de agosto de 1926 Editar o valor en Wikidata
Birán (República de Cuba) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santa Ifigenia Editar o valor en Wikidata
23º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
16 de setembro de 2006 – 24 de febreiro de 2008
← Abdullah Ahmad BadawiRaúl Castro →
Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
10 de setembro de 1979 – 6 de marzo de 1983
← Junius Richard JayewardeneNeelam Sanjiva Reddy →
Presidente de Cuba
2 de decembro de 1976 – 24 de febreiro de 2008
← Osvaldo DorticósRaúl Castro →
Primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba
24 de xuño de 1961 – 19 de abril de 2011
← Blas Roca CalderioRaúl Castro →
Primeiro ministro de Cuba
16 de febreiro de 1959 – 24 de febreiro de 2008
← José Miró CardonaRaúl Castro → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaCastrismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana - dereito (1945–1950)
Colexio de Belén (1945–1945) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, revolucionario, guerrilleiro, avogado, estadista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba (1965–)
Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba (1962–1965)
Organizacións Revolucionarias Integradas (1961–1962)
Movemento do 26 de xullo (1955–1965)
Partido Ortodoxo (–1951) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarcomandante Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolución cubana
Crise dos mísiles de Cuba Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDalia Soto del Valle (1980–2016)
Mirta Díaz-Balart (1948–1955) Editar o valor en Wikidata
ParellaDalia Soto del Valle (1961–1980)
Natalia Revuelta Clews (década de 1950–década de 1950) Editar o valor en Wikidata
FillosÁngel Castro-Soto
 () Dalia Soto del Valle
Alex Castro -Soto
 () Dalia Soto del Valle
Alexis Castro-Soto
 () Dalia Soto del Valle
Alejandro Castro-Soto
 () Dalia Soto del Valle
Antonio Castro- Soto del Vale
 () Dalia Soto del Valle
Jorge Ángel Castro
 ()
Fidel Ángel Castro Diaz-Balart
 () Mirta Díaz-Balart
Fransiska Pupo
 () título
Alina Fernández
 () Natalia Revuelta Clews Editar o valor en Wikidata
PaisÁngel Castro Arguíz Editar o valor en Wikidata  e Lina Ruz González Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuanita Castro
Ramón Castro
Raúl Castro
Lidia Castro Argota
Emma Castro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004242 Allocine: 84154 Rottentomatoes: celebrity/fidel_castro Allmovie: p11761
BNE: XX1046918 Bitraga: 4274 Spotify: 1jMinhdjeZQjPiTAz6rynF iTunes: 161219691 Last fm: Fidel+Castro Musicbrainz: 8f9f6f48-5a06-4825-8fc2-c82203cf9af7 Discogs: 448393 WikiTree: Ruz-1 Find a Grave: 173186052 Deezer: 126482 Editar o valor en Wikidata

Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926[1] e finado na Habana o 25 de novembro de 2016[2], foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008.

Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.

Fillo dun emigrante galego acomodado, Castro adoptou as ideas antiimperialistas mentres estudaba Dereito na Universidade da Habana. Despois de participar en rebelións contra a ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana e o goberno dereitista colombiano, planeou o derrocamento do ditador cubano Fulgencio Batista lanzando un ataque contra o cuartel Moncada en 1953. O intento fracasou e tras pasar un ano no cárcere, viaxou a México onde formou un grupo revolucionario, o Movemento do 26 de xullo, xunto co seu irmán Raúl Castro e o Che Guevara. De volta en Cuba, Fidel liderou o Movemento nunha guerra de guerrillas contra as forzas de Batista en Sierra Maestra. Despois do derrocamento de Batista, asumiu o poder político e militar como primeiro ministro de Cuba. Os Estados Unidos opuxéronse ao goberno de Castro e tentaron derrocalo mediante centos de intentos de asasinato, bloqueo económico e contrarrevolución, incluído o intento de invasión da illa en Baía de Cochinos. Para contrarrestar estas ameazas, aliñouse coa Unión Soviética, permitíndolle a esta instalar armas nucleares en Cuba en 1962, provocando a Crise dos mísiles, punto álxido da guerra fría.

Adoptando un modelo de desenvolvemento marxista-leninista, Fidel converteu Cuba nun Estado socialista de partido único baixo o liderado do Partido Comunista, o único no hemisferio occidental. Introducíronse políticas de economía planificada e expandíronse a sanidade e a educación. No plano internacional, Castro apoiou a diversos grupos revolucionarios antiimperialistas, deu apoio aos gobernos de esquerdas de Chile, Nicaragua e Granada e enviou tropas aos seus aliados nas guerras de Yom Kippur, Ogadén e a guerra civil angolana. Estas accións, xunto ao liderado de Castro no Movemento de Países Non Aliñados, aumentaron a notoriedade internacional da illa.

Tras a disolución da URSS en 1991, o goberno cubano afrontou unha recesión económica no chamado "Período Especial" e abrazou ideas antiglobalización e a favor do medio ambiente. Na década de 2000, Castro forxou unha alianza coa chamada "marea rosa" latinoamericana (principalmente coa Venezuela de Hugo Chávez) e asinou o ingreso de Cuba na Alianza Bolivariana para as Américas. En 2006, Fidel transferiu os seus poderes ao vicepresidente Raúl Castro, que logo foi elixido presidente do Consello de Estado pola Asemblea Nacional en 2008.

O mandato de Fidel Castro foi o máis longo dun xefe de Estado non monárquico dos séculos XX e XXI e polarizou a opinión mundial. Os seus partidarios veno como un paladín do socialismo e a causa antiimperialista, cuxo goberno revolucionario levou unha avanzada xustiza social e económica ao país, mentres asegurou a independencia de Cuba do imperialismo estadounidense. Pola outra banda, os seus críticos defíneno como un ditador que perpetrou abusos dos dereitos humanos, o éxodo de milleiros de cubanos e o empobrecemento da economía cubana. Fidel Castro foi condecorado cunha gran cantidade de recoñecementos internacionais e influíu de xeito significativo en persoas e grupos de todo o mundo.

  1. Segundo as fontes do seu irmán Ramón, Fidel, nacería un ano máis tarde, en 1927. Avanzouse a súa data de nacemento nun ano para poder inscribilo antes na escola. A data administrativa do nacemento de Fidel Castro, certificada polo Consello de Estado, é a do 13 de outono de 1926. Ver tamén a Martin: The Early Fidel, p. 5 e 235; Boume, p. 41.
  2. Roque, Adalberto (26 de novembro de 2016). "Morre Fidel Castro aos 90 anos". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne