Fidelio oder die eheliche Liebe Fidelio ou o amor conxugal | |
---|---|
![]() Cartel dunha representación en 1814. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | J. Sonnleithner – revisado por S. von Breuning e G. F. Treitschke |
Fontes literarias | Léonore ou L’amour conjugal de Jean-Nicolas Bouilly (1789) |
Estrea | 20 de novembro de 1805 |
Teatro da estrea | Theater an der Wien |
Lugar da estrea | Viena |
Duración | 2 horas 25 minutos |
Música | |
Compositor | Ludwig van Beethoven |
coro | Participación destacable[1] |
Personaxes | |
Leonore (soprano dramática) |
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.