Filgueira, Crecente

Filgueira
Igrexa de Filgueira
ConcelloCrecente[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°12′43″N 8°12′09″O / 42.2118228, -8.20251004
Poboación193 hab. (2013)
Entidades de poboación34[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam)[2] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé. Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx. 309, 320 ISBN 978-84-9865-892-1

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne