Filme mondo

Os filmes mondo (da palabra en italiano para «mundo») son películas documentais, algunhas veces semellantes aos documentais de ficción, representando temas e escenas sensacionalistas. En inglés son tamén coñedos polo termo Shockumentary.

Este xénero iniciouse coa estrea do filme Mondo cane en 1962, de Gualtiero Jacopetti, Paolo Cavara e Franco Prosperi, conseguindo bastante popularidade. Os filmes mondo son xeralmente fáciles de recoñecer polo seu nome, pois moitos deles levan o termo «mondo» nos seus títulos. Caracterízanse por buscar un grande impacto co fin de atraer o público, mostrando crueldade contra os animais, accidentes, cerimonias de iniciación ritual, cirurxías etc. Moita da acción é teatralizada, aínda cando os produtores afirmen que só documentan "a realidade". Fóra dos círculos de cinema independente, os filmes mondo son xeralmente considerados de moi mal gusto.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne