![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Suomi (fi) Finland (sv) ![]() | |||||
Himno | Maamme ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «O na bawn yn y Ffindir» ![]() | ||||
Símbolo oficial | Coccinella septempunctata (Insectos) Celastrina argiolus (Lepidópteros) Oso pardo (animal (pt) ![]() Cisne bravo (aves) Cavalo finlandês (pt) ![]() Spitz finlandês (pt) ![]() Convallaria majalis (flor) Perca común (peixe) Granito (rocha) Bidueiro branco (árbore) ![]() | ||||
Epónimo | Pobo finlandés ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Helsinqui (1812–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.608.218 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua finesa lingua sueca ![]() | ||||
Relixión | Igreja Evangélica Luterana da Finlândia (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 338.478,34 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Báltico ![]() | ||||
Punto máis alto | Haltitunturi (1.324 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar Báltico (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 6 de decembro de 1917 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Henrique de Uppsala (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Alexander Stubb (2024–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Governo da Finlândia (pt) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Petteri Orpo (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Finlandia , (Escano: 200) ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Finland (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 296.387.625.264 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .fi ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +358 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 116117 (en) ![]() ![]() | ||||
Código de país | FI ![]() | ||||
Código NUTS | FI ![]() | ||||
Sitio web | finland.fi ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Finlandia ( pronunciación (axuda · info)) (en finés: Suomi, en sueco: Finland (
pronunciación (axuda · info))), oficialmente República de Finlandia (
pronunciación (axuda · info)) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.
No ano 2009, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338 145 quilómetros cadrados. A meirande parte da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do golfo de Finlandia e proximidades. Finlandia é o sexto país maior de Europa en termos de área, e conta cunha baixa densidade de poboación de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado, o que o converte no país menos densamente poboado dentro da Unión Europea. A maioría dos finlandeses falan o finés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é lingua materna dun 5,5% da poboación nacional.
Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándose nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 28 de febreiro de 2002, substituíndo ao marco finlandés.