Fisioterapia

Símbolo da fisioterapia e dos fisioterapeutas.

A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade, o movemento e técnicas manuais.[1]

O 6 de setembro de 1951 fundouse a organización World Physiotherapy, e en 1996 proclamouse esa data como o Día Mundial da Fisioterapia. O obxectivo para o ano 2022 foi destacar o problema da artrose e o papel dos fisioterapeutas na prevención e terapéutica da enfermidade [2].

  1. fisioterapia no Dicionario da RAG.
  2. "Día mundial del PT" (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne