Foguete sonda

Un foguete Black Brant lanzado desde o complexo de Wallops.

Un foguete sonda é un foguete deseñado para levar instrumentos a bordo e facer medicións e experimentos científicos durante voos suborbitais. A altura típica que alcanzan os foguetes sonda está entre 48 e 145 km[1], que é a altura intermedia entre a que traballan os globos sonda e os satélites artificiais. A altura máxima á que poden chegar os globos é duns 40 km e a mínima dos satélites uns 120 km.[2] Algúns foguetes sonda son capaces de chegar a alturas de 1000 e 1500 km, como os Black Brant X e XII. Os foguetes sonda con frecuencia usan motores foguete sobrantes de material militar.[3]

  1. nasa.gov NASA Sounding Rocket Program Handbook, June 2005, p. 1
  2. "NASA Sounding Rocket Program Overview". NASA Sounding Rocket Program. NASA. 24 de xullo de 2006. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  3. Marconi, Elaine M. (12 de abril de 2004). "What is a Sounding Rocket?". Research Aircraft. NASA. Consultado o 10 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne