Footwork Arrows

Footwork
Nome completo Footwork Arrows
Bandeira
Baseada en Milton Keynes, Reino Unido
Tempadas en activo 6 (1991 - 1996)
Número de pilotos Brasil Christian Fittipaldi
Italia Gianni Morbidelli
Xapón Aguri Suzuki
Debut Gran Premio dos Estados Unidos de 1991
Carreiras 97
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (Mellor: 3º, Gran Premio de Australia de 1995)
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1996

Footwork Arrows foi o nome dun equipo de Fórmula 1, que competiu a mediados dos anos noventa. O empresario xaponés Wataru Ohashi, que era o presidente de Footwork Express Co., Ltd., unha compañía de loxística xaponesa, comezou a investir fortemente no equipo Arrows Grand Prix International en 1990, O acordo incluía a necesidade de que os coches mostraran o logo de Footwork prominentemente. O equipo foi renomeado oficialmente Footwork en 1991, conseguiu un acordo para competir cos motores de Porsche (Porsche 3512). Os resultados foron máis pobres do esperado, e logo de só seis carreiras, Footwork abandonou os motores Porsche e continuou cos motores Ford construídos por Hart. Con todo, iso non permitiu a Michele Alboreto, Alex Caffi ou Stefan Johansson anotar puntos. De feito, o 10º posto de Caffi no Gran Premio do Xapón de 1991 foi o mellor resultado e os Footworks ata tiveron que precualificar na segunda metade da tempada.

Para a tempada de Fórmula 1 de 1992 cambiaron o fornecedor de motores a Mugen. Arrows mantivo o nome de Footwork ata que Ohashi retirou o seu apoio financeiro antes da tempada de Fórmula Un de 1996, co cal o nome do equipo volveu a Arrows. Independentemente, Jackie Oliver mantivera o control operacional durante todo o período.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne