Ford Trimotor | |
---|---|
Tipo | transporte |
Fabricante | Stout Metal Airplane Division of the Ford Motor Company |
Deseñado por | William Bushnell Stout |
Primeiro voo | 11 de xuño de 1926 |
Introducido | 1926 |
Unidades construídas | 199 |
Variantes | Stout Bushmaster 2000 |
O Ford Trimotor (tamén chamado "Tri-Motor" e alcumado "Tin Goose") é un avión de transporte trimotor estadounidense. A súa fabricación comezou en 1925 polas compañías de Henry Ford e rematou o 7 de xuño de 1933. Producíronse un total de 199 Ford Trimotor.[1] Foi deseñado para o mercado da aviación civil, pero tamén operou con unidades militares.