Un formulario web é unha agrupación de elementos creados coa linguaxe HTML/XHTML, que permite a un usuario interactuar cunha páxina web, enviando e procesando información. Componse de etiquetas de texto e campos, nos que se pode introducir a información, que logo será enviada e procesada.